luns, 26 de xuño de 2023
CONCURSO SALITRE
martes, 6 de xuño de 2023
Exposición no Auditorio Municipal
Achegamos o cartel anunciador da exposición que actualmente se pode ver no auditorio de Rianxo. Trátese dunha recompilación de actividades e materiais elaborados no colexio ao longo de 3 cursos, dentro do marco do programa Educación Responsable. Convidámosvos a visitala!
xoves, 25 de maio de 2023
Obradoiro Libros de Familia
Compartímosvos o cartel do obradoiro que terá lugar na biblioteca escolar o vindeiro 1 de xuño. Animádevos a participar!
xoves, 11 de maio de 2023
A illa de Cortegada
Pronto imos realizar a visita á illa de Cortegada, polo que nas aulas imos comezar a coñecela un pouquiño. Deixamos unha presentación de elaboración propia e un xogo da páxina do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, Xunta de Galicia.
xoves, 20 de abril de 2023
Xogamos en familia na biblioteca escolar
Compartimos o cartel da actividade que terá lugar este venres 21 de abril na biblioteca do colexio. É de balde e en horario de 16:00 a 18:00h. Animádevos e achegádevos a xogar na biblioteca escolar!
O SOL, O AIRE E A AUGA
Estes días comezamos a traballar este tema na aula polo que vos deixamos as presentacións para poder velas tamén na casa e practicar para o pasapalabra do tema.
domingo, 16 de abril de 2023
OBRADOIRO DE ROBÓTICA
Compartímosvos o cartel do obradoiro de robótica que terá lugar de balde o vindeiro 26 de abril na nosa biblioteca escolar. Animádevos a participar e recordade que as prazas son limitadas!
Deixamos tamén o enlace ao formulario para inscribirse: https://forms.gle/7A5uMR8x9mMSbfV48




