martes, 8 de setembro de 2026

HORARIOS DE AULA

 Compartimos os horarios das aulas de 1º A e 1º B. Premede na imaxe para ampliar ou descargar o horario por se queredes imprimilo a cor, aínda que non é preciso, pois os nenos e nenas van levar o seu propio horario nunha versión para colorear.

Fixádevos porque os horarios das dúas aulas son similares, pero hai diferencias.

1ºA


1ºB



xoves, 3 de setembro de 2026

BENVIDOS/AS A PRIMEIRO!

 Dámosvos a benvida a esta nova etapa, a Educación Primaria. Este ano comezamos 1º e vai ser un curso cheo de aprendizaxes e actividades para os nenos e nenas.

Empregaremos este blog para compartivos informacións do centro, presentacións dos contidos das ciencias, xogos, etc.

Comezamos deixando baixo estas liñas a lista de material, que podedes descargar ou ampliar premendo na imaxe. En canto vaiades tendo o material, xa podedes ir traéndoo (co nome do alumno/a).