xoves, 20 de abril de 2023

Xogamos en familia na biblioteca escolar

 Compartimos o cartel da actividade que terá lugar este venres 21 de abril na biblioteca do colexio. É de balde e en horario de 16:00 a 18:00h. Animádevos e achegádevos a xogar na biblioteca escolar!



O SOL, O AIRE E A AUGA

 Estes días comezamos a traballar este tema na aula polo que vos deixamos as presentacións para poder velas tamén na casa e practicar para o pasapalabra do tema.



domingo, 16 de abril de 2023

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

 Compartímosvos o cartel do obradoiro de robótica que terá lugar de balde o vindeiro 26 de abril na nosa  biblioteca escolar. Animádevos a participar e recordade que as prazas son limitadas!

Deixamos tamén o enlace ao formulario para inscribirse: https://forms.gle/7A5uMR8x9mMSbfV48