venres, 26 de novembro de 2021

MÁIS REPASO EN LIÑA: APARATO RESPIRATORIO E CIRCULATORIO

 Continuamos co repaso dos aparatos do corpo humano. Esta vez deixamos enlaces para repasar o respiratorio e o circulatorio. Premede nas imaxes para acceder.




mércores, 24 de novembro de 2021

XOGANDO COS NÚMEROS

Deixamos baixo estas liñas unha recompilación de xogos de numeración (series,ordear, ...).

Para acceder, premede na imaxe e, unha vez no documento, só teredes que premer no enlace escollido para acceder a cada xogo.


luns, 15 de novembro de 2021

O uso/abuso das pantallas nas crianzas: efectos no desenvolvemento

 Damos difusión a esta interesante charla que terá lugar no Auditorio Municipal de Rianxo o vindeiro luns 22 de novembro. O aforo é limitado e a inscrición tramítase no colexio. A data límite é o mércores 17 de novembro ás 14:00h.



venres, 12 de novembro de 2021

Máis repaso en liña

 Esta semana deixamos novas propostas de repaso en liña. Esperamos que vos resulten de utilidade. Premede nas imaxes de cada xogo para acceder.

Comezamos cun xogo das horas. Recomendamos probar nos tres niveis, pois van aumentando a dificultade:

Continuamos cun xogo de euros e céntimos:
E para rematar, repasamos o aparato dixestivo: