domingo, 20 de decembro de 2020

PARA COMEZAR UN ANO XENIAL, LECTURAS PARA O NADAL

 Desde a biblioteca escolar propóñennos as seguintes recomendacións lectoras para o Nadal.

Animádevos a ler e crear o hábito en familia. Un bo libro sempre é unha boa compañía.

martes, 15 de decembro de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O 16 E 17 DE DECEMBRO

Esta é a proposta de actividades para o mércores 16 e o xoves 17 de decembro.

A continuación as fichas citadas no cadro anterior. Premede nas imaxes para descargar.
Ficha de ler e colorear o elfo:
Ficha dos hábitos saudables:
Ficha de Papá Noel:








luns, 14 de decembro de 2020

PROPOSTA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA O MARTES 14 DE DECEMBRO

 Para hoxe martes, o mestre de Educación Física proponvos as seguintes actividades.

Premede na imaxe para acceder ao documento completo:


domingo, 13 de decembro de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O LUNS 14 E O MARTES 15 DE DECEMBRO

 Aquí vos deixamos a proposta de actividades para o luns e o martes.


A continuación tedes os recursos citados no cadro anterior. Premede nas imaxes para acceder.

Lectura "As vacacións de Viqui e Víctor".

Ficha de matemáticas:
Roda dos alimentos:
Vídeo "Actividad física y alimentación":





venres, 11 de decembro de 2020

PROPOSTA DE MÚSICA

 O mestre de Música envianos os seguintes enlaces para practicar na casa.

Comezamos recordando o visto na última sesión. Premede nos enlaces para acceder a cada un:

https://youtu.be/bQDXrzwWze8

https://m.youtube.com/watch?v=qhaJBOWxURk&t=1s



A continuación a proposta desta semana, "Recordando a John Lennon":

E para rematar, un baile de Nadal:

xoves, 10 de decembro de 2020

PROPOSTA DE EDUCACIÓN FÍSICA

 O mestre de Educación Física proponvos esta divertida actividade sobre o alfabeto. Premede na imaxe para acceder ao documento completo.


mércores, 25 de novembro de 2020

25 DE NOVEBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro das actividades levadas a cabo con motivo da celebración do Día Contra a Violencia de Xénero, este ano as aulas do colexio ilustraron a canción Fabricando Luz, de A Banda da Loba. Cada aula plasmou de forma gráfica un dos versos da canción e este é o resultado.

martes, 3 de novembro de 2020

MAGOSTO

O vindeiro venres vaise celebrar o Magosto no colexio. Aqueles nenos/as que vaian a comer castañas, deberán traer 12 xa picadas, tal e como se explica na seguinte nota do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, organizador desta celebración.

domingo, 18 de outubro de 2020

CONTO COLECTIVO: A VILA DE POLOPALETA

Os nenos e nenas de 1º A inventaron e ilustraron o conto que a continuación vos presentamos, A vila de Polopaleta. Nel, Pepita e Miguel enfrontaranse ao monstro Coronabicho. Queredes saber que acontece?
Premede na imaxe para acceder ao conto e pasar un ratiño de lectura en familia.

I CONCURSO DE CARAUTAS DO SAMAÍN

 O equipo de dinamización da lingua galega do colexio convídavos a participar no 1º concurso de carautas de Samaín. Premede na imaxe para máis información e animádevos a participar!



mércores, 30 de setembro de 2020

DOUS CONTOS

Para traballar a lectoescritura, na aula utilizamos o método Lamela. Consiste en que os nenos/as relacionen as letras co seu son e un xesto, todo a través do conto de "Pepita e Miguel". Para que poidan practicar o conto na casa, compartimos o seguinte vídeo. As titoras de 1º queremos agradecer a Naomi a súa achega.

E por se queredes imprimir, a continuación tedes os debuxos do conto coas letras. Na aula témolo plastificado a modo de salvamenteis. O tamaño de impresión sería en A3. Polo reverso puxemos os números ata o 100, para ir practicando. Deixamos tamén o documento por se é de interese.   
E para rematar, deixámosvos o enlace ao conto "Os petos de Loreto" que estamos a traballar na aula. Premede na imaxe para acceder.



martes, 29 de setembro de 2020

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

 Estimadas familias,

Cada ano por estas datas celebramos unha reunión grupal coas familias do alumnado da aula na que se explican diferentes informacións sobre o curso. Dadas as especiais características deste curso, e a recomendación de evitar xuntanzas presenciais, compartimos convosco a través deste blog unha presentación na que se recollen os temas que se tratarían na reunión.

Se tras visualizala tedes algunha dúbida, poñédevos en contacto e trataremos de darlle resposta.

mércores, 23 de setembro de 2020

PROPOSTAS DE INGLÉS

 A mestra de inglés proponvos algunhas cancións para repasar contidos. Animádevos e... A cantar!

Para acceder, premede na imaxe e despois ide premendo  nos enlaces.



martes, 22 de setembro de 2020

MÉRCORES 23 DE SETEMBRO

 Comezamos a proposta de hoxe con matemáticas. Premede na imaxe para descargar.

Para as linguas, deixamos as seguintes fichas con todas as vogais:
E rematamos cos vídeos dos sentidos do gusto e do tacto.






XOVES 24 DE SETEMBRO

Na proposta de hoxe para matemáticas, traballamos o 9, o 10 e unhas sumas. Premede na imaxe para descargar.
Nas linguas, imos comezar a enlazar vogais.
A continuación deixamos o enlace ao conto "El monstruo de colores va al cole". Animádevos a facer unha ilustración sobre el!
E rematamos repasando os sentidos coa seguinte ficha.

domingo, 20 de setembro de 2020

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 21 AO 24 DE SETEMBRO

 Comezamos a semana con actividade lectiva non presencial. Aínda que é un pouco antes do que se podía esperar, imos intentar seguir co ritmo das clases.

A continuación deixamos un cadro co traballo que propoñemos para estes días. A organización das tarefas é unha suxerencia, podedes organizarvos como mellor vos pareza. Cada neno/a ten o seu propio ritmo de traballo, polo que se non dá feito todo, non vos preocupedes, pouco a pouco.



A continuación imos compartir as actividades para o luns e o martes. Nos vindeiros días compartiremos tamén a proposta para o mércores e xoves. Permanecede atentos ás publicacións do blog.


LUNS 21 DE SETEMBRO

 Para comezar, deixamos unhas fichas de vogais e da letra A. Premede na imaxe para descargar.

Para continuar, unhas sinxelas fichas de matemáticas. Premede na imaxe para descargar.

A continuación, o conto "Rosa contra el virus", que xa vimos na aula. Despois de velo, comentar as medidas de prevención que cada un de nós pode tomar. Premede na imaxe para acceder ao vídeo.

E para rematar, imos aprender sobre os sentidos do corpo humano. Deixamos dous vídeos:




MARTES 22 DE SETEMBRO

Hoxe comezamos coa proposta de matemáticas, con dúas fichas sobre os números 4, 5 e 6. Premede na imaxe para descargar.

Para as linguas, deixamos as seguintes fichas da letra E. Coma sempre, premede na imaxe para acceder ao arquivo e descargar.
A continuación, deixamos o enlace á canción de Migallas "Canción dos dedos para lavar as mans", que xa practicamos na aula. Animádevos a cantala e practicar o lavado de mans!


E para rematar, imos aprender sobre outros dous dos sentidos do corpo humano: o oído e o olfacto.


domingo, 13 de setembro de 2020

INFORMACIÓNS VARIAS PARA AS FAMILIAS

 Estimadas familias,

O martes 15 de setembro e o mércores 16, en horario de 16:15 a 19:00h as titoras de 1º de Ed. Primaria estaremos no colexio para recoller o material escolar dos nenos/as.

Recordade que aqueles nenos/as que aínda non teñan na aula o material para os primeiros días (estoxo de dúas cremalleiras con ceras Plastidecor, lapis, goma, tesoiras e pegamento de barra tipo pritt), o traian en canto poidan. A caixa de zapatos tamén a poden traer eles, se aínda non a trouxeron.

En canto ás máscaras dos nenos/as, recordar tamén que é importante traer 1 de reposto e que deben axustarse ben. Se son demasiado frouxas, báixanselles e non cumpren a súa función. Así mesmo, deben ter un bolsiña de tela para gardala mentres merendan.

Grazas pola colaboración.

Un saúdo,

A titora

luns, 7 de setembro de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS A 1º!

Estimadas familias,

Neste inicio de curso tan excepcional, este blog vai ser unha ferramenta de uso habitual no que iremos compartindo diferentes contidos con vós.

Queremos dar ós nenos e nenas a benvida a 1º. Comenzamos con ganas e ilusión esta nova etapa. 

Deixámosvos a continuación a lista do material escolar para o curso. Se queredes imprimila, podedes descargala premendo na imaxe.



martes, 23 de xuño de 2020

Carta dun neno/a aos pais e nais do mundo

Queremos despedirnos de vós con esta carta que convida á reflexión. Premede na imaxe para agrandala.
Desexámosvos a todos/as un bo verán!!!

PASATEMPOS XURÁSICOS

A petición dalgún neno que pedíu actividades con dinosauros, elaboramos estes pasatempos, que son xa a última proposta que vos achegamos.

domingo, 14 de xuño de 2020

Semana do 15 de xuño

Esta semana, por ser a derradeira do curso, imos dedicala ao repaso. Esta é a proposta:

Mércores: repasamos as plantas

De novo comezamos cunha presentación. Tamén esta información está na folla de repaso de ciencias do trimestre pasado.


E un xogo en liña sobre o tema:

Xoves: repasamos o tema do paso do tempo

Para acceder ás presentacións, se non as tedes en papel, non hai máis que baixar ao final desta páxina e premer en "Publicacións máis antigas".
Para repasar o tema propoñémosvos este xogo en liña. Premede na imaxe para acceder.

Venres: O San Xoán

Dada a proximidade desta celebración, propoñémosvos unha sinxela ficha. Premede na imaxe para acceder.
E se vos gustou Minuscule 1, para rematar a semana propoñémosvos Minuscule 2. Que a desfrutedes! Premede na imaxe para acceder.

martes, 9 de xuño de 2020

ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA CO CRA DE RIANXO

Grazas á vosa colaboración, elaboramos este vídeo que enviamos aos nenos e nenas do CRA de Rianxo para que coñezan aos seus futuros compañeiros/as. Eles, pola súa banda, tamén nos enviaron outro vídeo para darse a coñecer. Aquí os deixamos. Premede nas imaxes para velos:

domingo, 7 de xuño de 2020

Semana do 8 de xuño

Esta é a proposta de organización semanal das actividades. Esperamos que vos resulte de utilidade, aínda que podedes organizarvos como prefirades.

LUNS, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos, por iso queremos propoñervos unha serie de actividades dirixidas á concienciación medioambiental. 
Comezamos co visionado das seguintes curtametraxes de animación. Premede nas imaxes para acceder a elas:


A continuación deixámosvos unhas actividades de temática relacionada. Accedede premendo na imaxe:
E para rematar, baixo estas liñas deixamos as lecturas recomendadas para esta semana, ás que se accede premendo na imaxe. As dúas publicacións pódense atopar na páxina ICM Divulga (http://icmdivulga.icm.csic.es/), xunto con outros materiais de consulta: