martes, 31 de xaneiro de 2023

CASTELAO

Con motivo da celebración do nacemento de Castelao, nas aulas estamos a traballar arredor da súa figura. Compartímosvos unha presentación sobre el, un pasapalabra para xogar coa información e o conto "Peito de Lobo", unha adaptación do relato de Castelao ilustrada por nenos e nenas do colexio en cursos anteriores.



                                           

xoves, 26 de xaneiro de 2023

PICASSO E A PAZ

 Con motivo da celebración do Día da Paz Escolar, imos coñecer a obra de Picasso relacionada con este tema. A continuación deixamos a presentación que imos traballar nas aulas.