Os nenos e nenas de 2ºA deséxanvos un bo Nadal con este canto. Esperamos que vos guste. Premede na imaxe para acceder.
Felices festas!
Os nenos e nenas de 2ºA deséxanvos un bo Nadal con este canto. Esperamos que vos guste. Premede na imaxe para acceder.
Felices festas!
Modifícación do libro para mercar no Nadal. O libro final é:
- Problemas en el Olimpo, Ana Alonso. Ed. Anaya. ISBN: 978-84-698-8592-5
Os equipos de biblioteca e dinamización lingüística do colexio achégannos un ano máis esta guía con recomendacións de lecturas clasificadas por nivel lector. Botádelle unha ollada, igual atopades algún libro para incluír nas vosas cartas aos Reis, Apalpador, Papá Noel...
Continuamos co repaso dos aparatos do corpo humano. Esta vez deixamos enlaces para repasar o respiratorio e o circulatorio. Premede nas imaxes para acceder.
Deixamos baixo estas liñas unha recompilación de xogos de numeración (series,ordear, ...).
Para acceder, premede na imaxe e, unha vez no documento, só teredes que premer no enlace escollido para acceder a cada xogo.
Damos difusión a esta interesante charla que terá lugar no Auditorio Municipal de Rianxo o vindeiro luns 22 de novembro. O aforo é limitado e a inscrición tramítase no colexio. A data límite é o mércores 17 de novembro ás 14:00h.
Esta semana deixamos novas propostas de repaso en liña. Esperamos que vos resulten de utilidade. Premede nas imaxes de cada xogo para acceder.
Comezamos cun xogo das horas. Recomendamos probar nos tres niveis, pois van aumentando a dificultade:
Continuamos cun xogo de euros e céntimos:Con motivo da erupción do volcán da Palma, nas aulas estivemos a traballar o tema dos volcáns. Os nenos e nenas tamén amosaron interese pola xente da Palma e decidimos realizar unha campaña de axuda.
Nas aulas realizamos estes carteis para animar á xente a enviar axuda. Escollemos o Cabildo da Palma por tratarse dunha entidade oficial.
A idea é que cada familia escolla un cartel e o pase por Whatsapp entre familiares e amigos, animando a que estes tamén o reenvíen.
A continuación deixamos os carteis de cada aula. Premede nas imaxes para acceder e poder descargar o que escollades.
Grazas de antemán pola colaboración.
Durante este curso as reunións presenciais continuarán a ser a excepción. Por este motivo, no canto de celebrar a reunión inicial de grupo con todas as familias, compartimos aquí unha pequena presentación coa información importante e as normas relativas ao curso actual. Ante calquera dúbida, contactade connosco e trataremos de solucionala.
Seguimos traballando o tema dos volcáns na aula. Deixamos aquí o pasapalabra que vimos na aula para que o practiquedes tamén na casa.
Estes días nas aulas de 2º estamos a falar moito sobre os volcáns. Os nenos e nenas estiveron traendo ás aulas numerosos traballos realizados por eles mesmos arredor deste tema.
E, como se pode aprender xogando, compartimos o seguinte Genially que hoxe vimos nas aulas.
(Elaborado por Elena Nubes e Noelia Suárez)
Xa somos de segundo!
Rematadas as vacacións do verán pronto volveremos á aula con moitas ganas de comezar o novo curso.
Deixámosvos a continuación a lista de material escolar. Premede na imaxe para ampliala ou descargala.
Dende a biblioteca escolar achégannos esta guía de recomendacións lectoras. Todos os libros que aparecen nela están dispoñibles na biblioteca municipal. Animádevos a visitala este verán!
Se queredes facer a vosa propia recomendación, podedes facelo nos comentarios.
Os nenos e nenas de 1ºA traballaron na aula a lenda do Castelo da Lúa e a partir dela fixeron este fantástico conto. Son uns artistas! Esperamos que vos guste!
Xela Arias é a homenaxeade no Día das Letras Galegas deste ano. Compartimos a presentación e o vídeo que imos traballar nas aulas.
No blog da biblioteca (bibliotecacastelao.blogspot.com) publicaron algunhas das recomendacións lectoras dos nenos e nenas de 1º que xa se animaron a participar. Premede na imaxe para acceder á publicación e se vos apetece facer a vosa propia recomendación, ata que remate abril aínda estades a tempo!
Hoxe 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No ano 1999 a UNESCO adoptou a celebración deste día co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización das linguas minoritarias.
Este día é tamén unha ocasión para honrar aos poetas, fomentar a lectura e promover a escritura e a ensinanza da poesía. Por todo isto a continuación deixámosvos o poema Cantarola dos nenos, de Xosé Neira Vilas, recollido no libro Cantarolas de Kalandraka que, ademais, está ilustrado por Leandro Lamas, de quen os nenos e nenas de 1º xa coñecen algunhas obras. Esperamos que vos guste e que a recitedes.
Hoxe queremos compartir o "Pasapalabra dos animais". Unha maneira divertida de repasar xogando en familia.
No mes de decembro, algúns membros da compañía Barriga Verde visitaron o colexio para dar a coñecer aos nenos e nenas os títeres tradicionais. Durante esta visita ensináronlles a confeccionar uns sinxelos e divertidos títeres de luva. Seguindo esa técnica, esta semana estamos a elaborar nas aulas os nosos "títeres de Rosalía", en relación á conmemoración do Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro (data do seu nacemento).
A continuación deixamos un vídeo no que se explica o proceso de elaboración dos títeres. Son moi sinxelos e con materiais que todos temos na casa. Animádevos a construír algún en familia!
Neste curso tan pouco habitual non puidemos celebrar o tradicional pasarrúas. Pero isto non impediu que os nenos e nenas de 1º celebrasen o Entroido, aínda que dun xeito diferente.
A continuación compartimos convosco dous vídeos coas fotos do Entroido.
Vídeo de 1ºA
Estes días estamos a traballar nas aulas o tema dos animais. A continuación deixamos a presentación sobre o tema. Premede na imaxe para acceder.