venres, 29 de setembro de 2023

Obra de teatro sobre Castelao

 Este sábado 30 de setembro na sala Arcos Moldes (Auditorio Municipal) estará a obra de teatro CASTELAO, para público familiar. A entrada é de balde ata completar aforo.



domingo, 24 de setembro de 2023

Francisco Ibáñez

 Este curso imos traballar o cómic.

Para ir introducindo o tema decidimos comezar coñecendo a Francisco Ibáñez. Deixamos a continuación unha presentación sobre el.

martes, 12 de setembro de 2023

HORARIOS

 Hoxe compartímosvos os horarios coas materias de cada unha das aulas de 2º.

Non é necesario imprimilos porque a vindeira semana darémosllos en papel aos nenos/as. De todas formas, podedes descargalos premendo nas imaxes.





luns, 11 de setembro de 2023

Horario ordinario de entradas e saídas

 Achegamos a organización de entradas e saídas ordinarias do colexio.

Premede nas imaxes para amplialas.





venres, 8 de setembro de 2023

Organización do día da presentación

 A continuación compartimos o documento da organización das entradas e saídas do luns día 11 de setembro. 

Premede na imaxe para ampliala ou descargala.



mércores, 6 de setembro de 2023

LISTA MATERIAL ESCOLAR

 Benvidos/as a un novo curso!

Nos vindeiros días imos comezar as clases, polo que a continuación compartímosvos a lista de material escolar.

Se tedes algunha dúbida, poñédevos en contacto con nós.

Premede na imaxe para ampliala e/ou descargala.