Hoxe compartimos con vós algúns vídeos e presentacións que estivemos a preparar.
Comezamos cun vídeo de fotos do Samaín. Premede na imaxe para acceder:
Hoxe compartimos con vós algúns vídeos e presentacións que estivemos a preparar.
Comezamos cun vídeo de fotos do Samaín. Premede na imaxe para acceder:
Hoxe chegaron ás aulas de 1º dúas árbores de Nadal moi especiais: están feitas con materiais de refugallo.
Agora toca decoralas e para iso preicisamos da vosa colaboración. Propoñémosvos elaborar na casa adornos de Nadal para a árbore reutilizando materiais que podemos atopar facilmente en calquera fogar. A continuación deixamos algunhas ideas.
Durante este trimestre, nas aulas inventamos contos colectivos. Os nenos e nenas de 1º A fixeron este tan chulo polo Samaín. Atrevédesvos a lelo?
Seguimos a traballar o tema dos animais. Estes días na aula estamos a falar dos insectos. Compartimos a presentación que vimos na aula para poder repasala na casa.
Para repasar o tema dos animais dun xeito máis lúdico, deixamos o seguinte xogo para practicar na casa.
Boa tarde, compartimos a nota que nos envían dende os equipos de Extraescolares e Dinamización da Lingua Galega con información relativa á celebración do Samaín.
Compartimos a 1º presentación de ciencias deste curso. Trata o tema dos animais, sobre o que estamos a traballar nas aulas.
Boa tarde, comezamos un novo curso no que as aulas de 1º de Educación Primaria imos utilizar este blog de maneira frecuente para achegarvos diferentes materiais e recursos.
Nesta ocasión deixamos as listas de material escolar. Fixádevos porque cada aula ten a súa propia lista e non son exactamente iguais.
Para acceder aos documentos ou descargalos, premede na imaxe.
MATERIAL ESCOLAR DE 1ºA:
MATERIAL ESCOLAR DE 1ºB:Para poñer un punto e final a estes dous anos, compartimos con vós un vídeo con fotos dalgunhas das actividades que realizamos ao longo deste curso. Premede na imaxe para acceder. Esperamos que vos guste! Bo verán!
Durante este curso o alumnado asistiu a diversas actividades en relación á alimentación saudable e sustentable, no marco dos Contratos Programa do que o colexio forma parte e en colaboración co Concello de Rianxo.
Compartimos o seguinte tríptico no que se recollen a modo de resumo os contidos destas actividades. Premede nas imaxes para amplialas ou descargalas.
Dende hai xa varias semanas estamos a realizar diferentes actividades en relación ao O Principiño. Deixámosvos a presentación sobre o conto que xa vimos nas aulas para poder volver a vela.
Compartimos convosco este cartel que nos fixo chegar unha familia. Trátase dunha andaina en favor de asanog (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). Premendo na imaxe podedes acceder á páxina da entidade organizadora.
![]() |
Hoxe compartimos a seguinte presentación sobre os corpos xeométricos, un contido de matemáticas deste terceiro trimestre.
Dende hai uns días estamos a repasar algúns contidos que xa viramos o curso pasado arredor do tema das plantas e da auga. Deixamos os enlaces ás presentacións. Premede nas imaxes para acceder.
Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, entre outras actividades que estamos a levar a cabo nas aulas, os nenos e nenas de 2º realizaron coa axuda das familias as seguintes ilustracións representativas desde día. Paga a pena botarlles unha ollada, son uns e unhas artistas!
Hoxe compartimos unha ficha interactiva sobre o kg. Ao rematala, premede en "comprobar mis respuestas".
Seguimos repasando os animais. O seguinte xogo é sobre os animais vertebrados.
E seguimos co tema dos animais. Nesta ocasión, unha presentación sobre os invertebrados:
Compartimos convosco a seguinte información que nos achegan dende o Concello de Rianxo, relacionada cunha charla sobre alimentos saudables e sostibles á que os nenos e nenas do colexio asistiron hoxe no Auditorio de Rianxo.
Premede na imaxe para ampliar o documento.
Bo día, dende o equipo directivo do centro pídennos que vos fagamos chegar a seguinte información:
"O director do centro asistirá mañá a unha formación COVID. Na convocatoria desa reunión adiantan, entre outros aspectos, a seguinte información copiada literalmente do texto recibido:
- No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de catro, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado de vacinación..
- Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa) seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas para os contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas neste período).
En resumo, só queda en corentena o positivo, salvo que haxa 5 ou máis casos confirmados. Co cal, os alumnos/as confinados xa poden volver ao centro con normalidade a partir de mañá.
- Os casos con síntomas, independentemente do seu estado de vacinación, non deberán acudir ao centro educativo ata que teñan o resultado negativo dunha proba diagnóstica (valería o test de antíxenos) ou en caso de que non fose posible realizar proba diagnóstica, ata que finalice o período de illamento mínimo de 7 días e sempre que transcurriran 3 días dende a fin do cadro clínico.
- Os positivos (incluídos os confirmados por test de antíxenos) teñen que gardar corentena 7 días na casa e poderán volver ao centro sempre que transcurriran 3 días dende a desaparición dos síntomas. Ata os 10 días deben extremar as precaucións e evitar contactos, especialmente con persoas vulnerables.
Nestes dous últimos casos citados, non será necesaria unha proba diagnóstica para levantar o illamento.
Un saúdo,
O equipo directivo"