xoves, 16 de xuño de 2022

Alimentación saudable

 Durante este curso o alumnado asistiu a diversas actividades en relación á alimentación saudable e sustentable, no marco dos Contratos Programa do que o colexio forma parte e en colaboración co Concello de Rianxo. 

Compartimos o seguinte tríptico no que se recollen a modo de resumo os contidos destas actividades. Premede nas imaxes para amplialas ou descargalas.





A Idade Media

Rematamos o tema do paso do tempo abordando a Idade Media.

Recursos da Idade Media

Compartimos tamén os seguintes recursos. O primeiro é unha visita virtual a un castelo. Premede na imaxe para acceder. E a continuación unhas fichas interactivas para xogar e repasar. Revisade a presentación para poder responder correctamente. Ao rematar cada ficha, dá a opción de ver os resultados ou enviar á mestra. Dádelle á primeira, non é necesario que enviedes os vosos resultados. 


venres, 3 de xuño de 2022

A Antiga Grecia

Nesta entrada deixá a presentación sobre a Antiga Grecia eo xogo "Canto sabes sobre mitoloxía grega?".


O Imperio Romano

Despois de viaxar pola Antiga Grecia, visitamos agora o Imperio Romano. Esperamos que vos guste a viaxe!
Comezamos coa presentación sobre o Imperio Romano:

Para continuar, un xogo en liña sobre os monumentos que nos deixaron os romanos: