Para esta semana témosvos preparadas unhas actividades relacionadas coa Antiga Grecia e o Imperio Romano. Deste xeito,seguimos co tema do paso tempo no que xa vimos a Prehistoria e o antigo Exipto. Esperamos que vos resulten interesantes!
Deixamos a proposta de organización semanal das actividades. Premede na imaxe para ampliala.
domingo, 31 de maio de 2020
Máis recursos
Para rematar coas propostas semanais, deixamos dúas propostas de lectura e varios xogos.
Por unha banda, o libro Las siete maravillas del mundo, no que atoparedes curiosidades da antigüidade; por outra banda o libro Irreductible, con Astérix e Obélix, que ademáis de divertidas aventuras, inclúe pasatempos. Premede nas imaxes para acceder a eles:
E o seguinte, unha versión do Xogo da Oca:
Por unha banda, o libro Las siete maravillas del mundo, no que atoparedes curiosidades da antigüidade; por outra banda o libro Irreductible, con Astérix e Obélix, que ademáis de divertidas aventuras, inclúe pasatempos. Premede nas imaxes para acceder a eles:
Dous xogos en liña. Premede nas imaxes para acceder a eles. O primeiro de repaso de matemáticas:
As 12 probas de Astérix
A película que vos propoñemos esta semana é As doce probas de Astérix. Premede no enlace para acceder a ela. Está dividida en varias partes, pero cando remata unha, a seguinte reprodúcese automaticamente:
venres, 29 de maio de 2020
Actividade de convivencia co CRA de Rianxo
Propoñémosvos participar nesta actividade de convivencia entre o alumnado de 2º do noso colexio co de 2º do CRA de Rianxo. Está explicada no documento baixo estas liñas. Animádevos a participar! Premede na imaxe para acceder:
domingo, 24 de maio de 2020
Semana do 25 de maio
Para tratar de facilitar a organización das actividades que vos propoñemos para esta semana, fixemos este horario que podedes seguir se vos parece oportuno. Trátase dunha proposta, polo tanto non é obrigatorio seguir esta orde.
Coñecendo a Banksy
Este enigmático artista è xa un coñecido para os nenos e nenas de 2º, que este ano traballaron sobre el con motivo do Día da Paz Escolar e o Día da Ilustración. Como volve estar de actualidade, retomamos o traballo sobre el coas seguintes propostas.
Para comezar, unha presentación:
Para comezar, unha presentación:
E para continuar, unha actividade relacionada. Premede na imaxe para acceder a ela:
Repaso e actividade para entregar
E para rematar a proposta de traballo para esta semana, deixamos o enlace á actividade para entregar e dous xogos para repasar lingua castelá e poñer a proba os coñecementos matemáticos.
xoves, 21 de maio de 2020
CORRECCIÓNS XERAIS DAS ACTIVIDADES ENTREGADAS
Unha vez recibidas e revisadas as actividades entregadas, recollemos no seguinte documento as correccións máis relevantes. Premede na imaxe para ampliala.
mércores, 20 de maio de 2020
Solucións do Pasapalabra
Publicamos as respostas do Pasapalabra sobre Ricardo Carballo Calero para que comprobedes que tal vos foi. Premede na imaxe para agrandala.
domingo, 17 de maio de 2020
Semana das Letras Galegas
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, as actividades que vos propoñemos para esta semana van ser especiais. A continuación deixámosvos un calendario no que aparecen todas organizadas.
Luns: Día de Ricardo Carballo Calero
Para o primeiro día desta semana dedicada ás Letras Galegas, propoñémovos as seguintes actividades. Para comezar, o conto As pitas baixo a choivo que Sofía, a bibliotecaria da Biblioteca Pública Castelao de Rianxo, tivo a amabilidade de enviarnos.
A continuación, deixamos os carteis do concurso das Letras Galegas, nos que atoparedes información sobre a vida de Carballo Calera, estade atentos porque necesitaredes a información para a seguinte actividade.
E para continuar, o xogo Pasapalabra sobre Ricardo Carballo Calero. Premede en cada letra para ir vendo as preguntas. A continuación do xogo, deixamos a ficha para contestar as preguntas. O mércores compartiremos as respostas para que poidades comprobar que tal vos foi no xogo.

E para rematar, deixamos o conto As pitas baixo a choiva. Preme na imaxe para acceder á lectura en liña.
Mércores: Día de Manuel Antonio
Para o día dedicado ao poeta do mar, deixamos unha presentación sobre a súa vida e obra e, a continuación, as actividades que vos propoñemos.
Deixamos tamén a presentación en formato para imprimir e unhas postais feitas por alumnado do colexio a modo de exemplo para a actividade.
Xoves: Día de Rafael Dieste
Coñecemos a Rafael Dieste, outro ilustre rianxeiro, a través da seguinte presentación.
A continuación, uns pasatempos sobre a súa vida e obra e a presentación en formato para imprimir.
E para rematar, dentro da serie de actividades que vos propoñemos para esta semana dedicada á Letras Galegas, propoñémovos ver este filme. Trátase dunha produción galego-cubana gañadora do premio Mestre Mateo á mellor película de animación. A pesar de que as linguas da verisón orixinal son o castelán e o galego, para vela en liña non está dispoñible na nosa lingua. Aínda así, quixemos deixarvos o enlace á película en liña en lingua castelá. Premede na imaxe para acceder a ela.

Venres: Día de Rianxo
E para rematar a semana das Letras Galegas, non podiamos deixar de dedicarlle un día á nosa vila, berce de grandes das nosas letras.
A continuación deixamos un vídeo feito en cursos anteriores por alumnado do centro e baixo el as actividades que vos propoñemos.
A continuación deixamos un vídeo feito en cursos anteriores por alumnado do centro e baixo el as actividades que vos propoñemos.
martes, 12 de maio de 2020
Que ricos os bicos!
Hai unhas semanas propuxemos cantar e facer unha pequena coreografía da canción Que ricos os bicos!
Iago e Pedro enviáronnos os seus vídeos, cos que fixemos esta pequena montaxe. Botádelle unha ollada porque son dous artistas. Parabéns aos dous polo voso traballo e participación!!!
Se queredes felicitalos, podedes deixar un comentario.

domingo, 10 de maio de 2020
Fun ao mercado...
Unha vez máis propoñémosvos música. Nesta ocasión, a canción O mercado, de María Fumaça, e unha divertida ficha sobre ela.
Deliciosos tipos de textos
Esta semana recordaremos tamén os diferentes tipos de textos a través da presentación "Deliciosos tipos de textos". Esperamos que vos guste!
Tamén a deixamos en formato para imprimir:
E a continuación, unhas actividades de matemáticas e lingua castelá:
Tamén a deixamos en formato para imprimir:
E a continuación, unhas actividades de matemáticas e lingua castelá:
Como lectura en castelán e por se vos apetece saber máis sobre o Paleolítico, propoñémosvos o libro de weeblebooks El vagón del Paleolítico. Premede na imaxe para acceder á lectura en liña.
mércores, 6 de maio de 2020
Correccións das actividades entregadas
Recollemos no seguinte documento as correccións máis relevantes en relación aos materiais entregados. Premede na imaxe para ampliala.
martes, 5 de maio de 2020
Retos para o mes de maio desde a biblioteca escolar
Desde a nosa biblioteca escolar estanse a propoñer para este mes de maio unha serie de retos relacinados coa ciencia. Os de esta semana están relacionados coa Lúa. Animádevos a visitar o blog e realizar algún!
Premede na imaxe para ir directamente ao blog da biblioteca.
Premede na imaxe para ir directamente ao blog da biblioteca.
domingo, 3 de maio de 2020
Algunhas cousiñas máis...
Para traballar un pouco de todo, a continuación tedes actividades de matemáticas, lingua galega e ciencias, nas que esta semana abordamos o tema do Sistema Solar, a Terra e a Lúa. Baixo as actividades deixámosvos a presentación do tema e a mesma en formato PDF por se a queredes imprimir.
sábado, 2 de maio de 2020
Gramática e xogos de lapis e papel
Esta semana propoñémosvos repaso de gramática acompañado duns divertidos xogos para os que só precisades lapis, papel e... Ganas de pasalo ben!
E para practicar o visto, unhas actividades de lingua castelá moi, moi sinxelas:
E para practicar o visto, unhas actividades de lingua castelá moi, moi sinxelas:
Por se queredes descargar a presentación, deixámola en formato PDF para imprimir.
Poemamos na casa
Para darlle un toque distinto a esta semana, a última das propostas é esta: Poemamos na casa. Un sinxelo obradoiro de poesía que esperamos vos guste.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)