xoves, 26 de maio de 2022

AS FONTES DE ENERXÍA

Outro dos temas que estamos a traballar é o das fontes de enerxía. A continuación deixamos a presentación.

domingo, 1 de maio de 2022

ANDAINA VILA DE CUNTIS

 Compartimos convosco este cartel que nos fixo chegar unha familia. Trátase dunha andaina en favor de asanog (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). Premendo na imaxe podedes acceder á páxina da entidade organizadora.

Se non estades interesados en participar na andaina, pero vos gustaría colaborar con asanog, podedes facer unha doazón a partir de 1 euro na súa páxina. Para acceder, premede na imaxe.