domingo, 18 de outubro de 2020

CONTO COLECTIVO: A VILA DE POLOPALETA

Os nenos e nenas de 1º A inventaron e ilustraron o conto que a continuación vos presentamos, A vila de Polopaleta. Nel, Pepita e Miguel enfrontaranse ao monstro Coronabicho. Queredes saber que acontece?
Premede na imaxe para acceder ao conto e pasar un ratiño de lectura en familia.

I CONCURSO DE CARAUTAS DO SAMAÍN

 O equipo de dinamización da lingua galega do colexio convídavos a participar no 1º concurso de carautas de Samaín. Premede na imaxe para máis información e animádevos a participar!