luns, 15 de abril de 2024

Booktubers e contacontos

  Dende a biblioteca escolar propóñennos as seguintes astividades en relación á celebración do Día do Libro.

  Por unha banda, gustaríanos que as familias  vos animasedes a vir a contarnos un conto. Pode vir o membro da familia que queira: un pai, unha nai, un avó/a, irmán maior, etc... Animádevos! As familias interesadas poden poñerse en contacto coas titoras polas canles habituais.  

  Por outra banda, animamos a que os nenos e nenas participen na actividade Booktubers. Consiste en que os gravedes mentres fan unha recomendación dun libro que lles guste. Os vídeos pódense enviar ao correo electrónico da biblioteca escolar ( bibliocastelao@gmail.com ), ou ao whatsapp da titora. Os vídeos publicaranse tanto neste blog coma no da biblioteca escolar (http://bibliotecacastelao.blogspot.com/ ), onde xa podedes ver algún exemplo.

  Todos os participantes recibirán un agasallo.



A Antiga Grecia

Nesta entrada deixamos a presentación sobre a Antiga Grecia e o xogo "Canto sabes sobre mitoloxía grega?".


luns, 8 de abril de 2024