xoves, 29 de decembro de 2022

NADAL E SAMAÍN

 Hoxe compartimos con vós algúns vídeos e presentacións que estivemos a preparar.

Comezamos cun vídeo de fotos do Samaín. Premede na imaxe para acceder:

Continuamos co Nadal. A continuación atoparedes un conto que fixemos de maneira colectiva entre as dúas aulas de 1º. Tamén podedes ver unha presentación con fotos de Nadal e un vídeo no que as aulas cantan dúas panxoliñas. Esperamos que vos guste!


Premede na seguinte imaxe para acceder ao vídeo:
E para rematar, compartimos as recomendacións lectoras que elaboraron dende o equipo de biblioteca do centro. Esperamos sexan de utilidade.

luns, 5 de decembro de 2022

UN NADAL SOSTIBLE

 Hoxe chegaron ás aulas de 1º dúas árbores de Nadal moi especiais: están feitas con materiais de refugallo.

Agora toca decoralas e para iso preicisamos da vosa colaboración. Propoñémosvos elaborar na casa adornos de Nadal para a árbore reutilizando materiais que podemos atopar facilmente en calquera fogar. A continuación deixamos algunhas ideas. 

xoves, 1 de decembro de 2022

Un conto de Samaín

 Durante este trimestre, nas aulas inventamos contos colectivos. Os nenos e nenas de 1º A fixeron este tan chulo polo Samaín. Atrevédesvos a lelo?