martes, 23 de xuño de 2020

Carta dun neno/a aos pais e nais do mundo

Queremos despedirnos de vós con esta carta que convida á reflexión. Premede na imaxe para agrandala.
Desexámosvos a todos/as un bo verán!!!

PASATEMPOS XURÁSICOS

A petición dalgún neno que pedíu actividades con dinosauros, elaboramos estes pasatempos, que son xa a última proposta que vos achegamos.

domingo, 14 de xuño de 2020

Semana do 15 de xuño

Esta semana, por ser a derradeira do curso, imos dedicala ao repaso. Esta é a proposta:

Mércores: repasamos as plantas

De novo comezamos cunha presentación. Tamén esta información está na folla de repaso de ciencias do trimestre pasado.


E un xogo en liña sobre o tema:

Xoves: repasamos o tema do paso do tempo

Para acceder ás presentacións, se non as tedes en papel, non hai máis que baixar ao final desta páxina e premer en "Publicacións máis antigas".
Para repasar o tema propoñémosvos este xogo en liña. Premede na imaxe para acceder.

Venres: O San Xoán

Dada a proximidade desta celebración, propoñémosvos unha sinxela ficha. Premede na imaxe para acceder.
E se vos gustou Minuscule 1, para rematar a semana propoñémosvos Minuscule 2. Que a desfrutedes! Premede na imaxe para acceder.

martes, 9 de xuño de 2020

ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA CO CRA DE RIANXO

Grazas á vosa colaboración, elaboramos este vídeo que enviamos aos nenos e nenas do CRA de Rianxo para que coñezan aos seus futuros compañeiros/as. Eles, pola súa banda, tamén nos enviaron outro vídeo para darse a coñecer. Aquí os deixamos. Premede nas imaxes para velos:

domingo, 7 de xuño de 2020

Semana do 8 de xuño

Esta é a proposta de organización semanal das actividades. Esperamos que vos resulte de utilidade, aínda que podedes organizarvos como prefirades.

LUNS, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos, por iso queremos propoñervos unha serie de actividades dirixidas á concienciación medioambiental. 
Comezamos co visionado das seguintes curtametraxes de animación. Premede nas imaxes para acceder a elas:


A continuación deixámosvos unhas actividades de temática relacionada. Accedede premendo na imaxe:
E para rematar, baixo estas liñas deixamos as lecturas recomendadas para esta semana, ás que se accede premendo na imaxe. As dúas publicacións pódense atopar na páxina ICM Divulga (http://icmdivulga.icm.csic.es/), xunto con outros materiais de consulta:
                
  

MÉRCORES

Comezamos o día cunha curta de coeducación. Premede na imaxe para acceder a ela:
E a continuación un poema de Ana María Fernández para que vos convirtades en ilustradores e ilustradoras. Animádevos tamén a aprender e recitar este fantástico poema. Premede na imaxe para acceder:

VENRES

Como xa vén sendo habitual, os venres toca sesión de cine. Esta semana propoñémosvos a película La espada en la piedra. Premede na imaxe para acceder:
E para rematar, un divertido xogo en liña sobre a película. Premede na imaxe para acceder a el: