domingo, 17 de xaneiro de 2021

OS BICOS VOLVERÁN

Volvemos publicar esta entrada antiga para que vos sexa máis sinxelo atopar a canción que estamos a traballar nas aulas estes días.
  Trátase dunha adaptación da coñecida Bella Ciao, á que o curso pasado lle adaptamos a letra e a música. Queremos destacar a colaboración de Silvia Ferre, que colaborou connosco poñendo a música e a voz. Moitas grazas Silvia!
Fixemos a montaxe de dous vídeos nos que utilizamos os salvamanteis que naquel momento estaban a facer na aula os nenos e nenas. 
Se tedes problemas para reproducilo, premede na icona da esquina superior dereita de cada vídeo (ver nunha ventá externa).
Este é o vídeo de 2ºA do curso 2019/20:

E este o de 2ºB, curso 2019/20:

A continuación deixámosvos a letra para que aprendades a canción e a cantedes en familia. Premede na imaxe para ampliala:

martes, 12 de xaneiro de 2021

A PROMESA DO CABEZOLO

Neste 2º trimestre imos ver o tema dos animais. Por isto, e para ir introducíndonos no tema, deixamos a seguinte curta elaborada co alumnado en cursos anteriores. Esperamos que vos guste.