domingo, 24 de outubro de 2021

AXÚDANOS A AXUDAR

 Con motivo da erupción do volcán da Palma, nas aulas estivemos a traballar o tema dos volcáns. Os nenos e nenas tamén amosaron interese pola xente da Palma e decidimos realizar unha campaña de axuda. 

Nas aulas realizamos estes carteis para animar á xente a enviar axuda. Escollemos o Cabildo da Palma por tratarse dunha entidade oficial.

A idea é que cada familia escolla un cartel e o pase por Whatsapp entre familiares e amigos, animando a que estes tamén o reenvíen.

A continuación deixamos os carteis de cada aula. Premede nas imaxes para acceder e poder descargar o que escollades.

Grazas de antemán pola colaboración.







venres, 22 de outubro de 2021

Proposta para a celebración do Samaín

 O EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do colexio achéganos a seguinte proposta de cara á celebración do Samaín.


venres, 8 de outubro de 2021

GARAVANCIÑO

Compartimos o vídeo do conto Garavanciño para que os nenos/as poidan practicar na casa contándollo ás súas familias.

martes, 5 de outubro de 2021

PRESENTACIÓN DE INICIO DE CURSO

 Durante este curso as reunións presenciais continuarán a ser a excepción. Por este motivo, no canto de celebrar a reunión inicial de grupo con todas as familias, compartimos aquí unha pequena presentación coa información importante e as normas relativas ao curso actual. Ante calquera dúbida, contactade connosco e trataremos de solucionala.

venres, 1 de outubro de 2021

PASAPALABRA SOBRE OS VOLCÁNS

 Seguimos traballando o tema dos volcáns na aula. Deixamos aquí o pasapalabra que vimos na aula para que o practiquedes tamén na casa.