domingo, 24 de outubro de 2021

AXÚDANOS A AXUDAR

 Con motivo da erupción do volcán da Palma, nas aulas estivemos a traballar o tema dos volcáns. Os nenos e nenas tamén amosaron interese pola xente da Palma e decidimos realizar unha campaña de axuda. 

Nas aulas realizamos estes carteis para animar á xente a enviar axuda. Escollemos o Cabildo da Palma por tratarse dunha entidade oficial.

A idea é que cada familia escolla un cartel e o pase por Whatsapp entre familiares e amigos, animando a que estes tamén o reenvíen.

A continuación deixamos os carteis de cada aula. Premede nas imaxes para acceder e poder descargar o que escollades.

Grazas de antemán pola colaboración.







Ningún comentario:

Publicar un comentario