Para ir recollendo algunhas cousiñas das que ides facendo na casa, as seguintes actividades son para que nolas enviedes unha vez feitas.
domingo, 26 de abril de 2020
Dibujando gramática
Esta semana propoñémosvos repasar a gramática, acompañada do paso a paso de diferentes debuxos para practicar e convertirvos en grandes debuxantes.
Deixámosvos unhas actividades de gramática, xunto con algunhas de matemáticas.
Deixámosvos unhas actividades de gramática, xunto con algunhas de matemáticas.
Esta é a presentación en formato para imprimir, por se preferides tela en papel.
Que ricos os bicos!
Como a música alegra o corazón, con esta actividade esperamos alegrar os vosos. Animádevos a cantar e bailar!
Deixámosvos a letra cunha ilustracións para colorear e unha proposta máis. No documento atoparedes a explicación. Xa nos contaredes!
Deixámosvos a letra cunha ilustracións para colorear e unha proposta máis. No documento atoparedes a explicación. Xa nos contaredes!
O tempo do revés
Baía Edicións puxo a disposición do público unha serie de libros para utilizar durante este tempo. De entre eles escollemos esta obra da autora María Solar. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.
Propoñémosvos ir lendo un pouquiño cada día. Para realizar as seguintes actividades deberedes ler ata a páxina 13.
Propoñémosvos ir lendo un pouquiño cada día. Para realizar as seguintes actividades deberedes ler ata a páxina 13.
xoves, 23 de abril de 2020
E a sorpresa é...
A autora... Helena Villar Janeiro enviounos este vídeo para vós, os nenos e nenas de 2º que estivestes a ler os seus libros.
Moitas grazas Helena!
Deixámosvos tamén unha actividade para que vós mesmos creedes o voso propio libro. Pensamos que é unha actividade moi bonita, pero tamén laboriosa, non teñades présa por rematala nun día!

mércores, 22 de abril de 2020
Que será, será...
Permanecede atentos ao blog, témosvos preparada unha sorpresiña. Descubrirédela mañá durante a mañá.
luns, 20 de abril de 2020
Poema homenaxe ao libro
O vindeiro xoves é o 23 de abril. Sabedes que se celebra este día? Si, o Día do Libro.
Deixámosvos un poemiña do gran Antonio García Teijeiro que podedes recitar xunto co autor e se vos animades, incluso o podedes ilustrar.
Esperamos que vos guste!
Deixámosvos un poemiña do gran Antonio García Teijeiro que podedes recitar xunto co autor e se vos animades, incluso o podedes ilustrar.
Esperamos que vos guste!
domingo, 19 de abril de 2020
Ortografía e... Algo máis!
Para que repasedes de vez en cando e ofrecervos ideas creativas, esta é unha presentación sobre ortografía na que en cada páxina atoparedes unha idea para realizar unha... Obra de arte! Animádevos a repasar e crear!
Se queredes imprimila, premede na seguinte imaxe:
Se queredes imprimila, premede na seguinte imaxe:
Matemáticas
Deixámosvos unhas novas fichiñas de matemáticas.
Se o precisades, podedes imprimir a presentación sobre os corpos xeométricos. Deixámola aquí en formato PDF:
QUE SABEMOS DO CORONAVIRUS?
Ola a todos e todas!
As actividades que vos propoñemos a continuación teñen como obxectivo saber que é iso do coronavirus e que podemos facer cada un de nós.
Para comezar, imos ver un vídeo informativo de "Happy learning" sobre o coronavirus. Preme na imaxe para velo.
A continuación presentámosvos este conto. A ver se vos gusta!
Agora que xa sabedes un pouquiño sobre o tema, imos facer unhas actividades.

venres, 17 de abril de 2020
Eu quedo na casa!
Nestes
días nos que estamos na casa todo o día, debemos organizar o día e diferenciar
dalgunha maneira as fins de semana. O tempo que cada neno e cada nena lle
dedica ás tarefas escolares non debe ser moi extenso, xa que nin no colexio
traballan de forma continuada toda a mañá.
Por
isto, propoñémosvos que fagades o voso propio horario Eu quedo na casa!
Ofrecémosvos
un horario xa cuberto a modo de exemplo e unha versión para que vós poidades
cubrir e decorar á vosa maneira. Esperamos que vos resulte útil!
Preme na imaxe para ampliala:
Este é o modelo para imprimir:
luns, 13 de abril de 2020
BENVIDA
Benvidos e benvidas nenas e nenos de 2º a este novo blog, co que esperamos achegarvos o material dunha forma máis clara e organizada.
Unha aperta das vosas mestras, Noemí e Thais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)