Hoxe 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Por isto, compartimos con vós a presentación sobre Rosalía de Castro. Tamén deixamos o vídeo coa canción do poema Adiós ríos, adiós fontes que estamos a aprender.
xoves, 23 de febreiro de 2023
xoves, 9 de febreiro de 2023
CONSIGNAS DO TORIBIÑO
Chega o Entroido e, un ano máis, o Toribiño envíanos os seus mandados para cada día. Para ampliar, premede na imaxe.
ReflejArte
Achegámosvos a información sobre esta actividade en relación á CREATIVIDADE, no marco do programa Educación Responsable. Premede na imaxe para ampliala.
martes, 7 de febreiro de 2023
O NOSO CORPO
Actualizamos esta entrada para atopala de forma máis sinxela.
Tamén as fichas interactivas para xogar e practicar os contidos:
venres, 3 de febreiro de 2023
PARTIDO SOLIDARIO
Compartimos convosco a seguinte información sobre o partido solidario que terá lugar mañá sábado 5 de febreiro. Podedes premer na imaxe para ampliala.
martes, 31 de xaneiro de 2023
CASTELAO
Con motivo da celebración do nacemento de Castelao, nas aulas estamos a traballar arredor da súa figura. Compartímosvos unha presentación sobre el, un pasapalabra para xogar coa información e o conto "Peito de Lobo", unha adaptación do relato de Castelao ilustrada por nenos e nenas do colexio en cursos anteriores.
xoves, 26 de xaneiro de 2023
PICASSO E A PAZ
Con motivo da celebración do Día da Paz Escolar, imos coñecer a obra de Picasso relacionada con este tema. A continuación deixamos a presentación que imos traballar nas aulas.
sábado, 21 de xaneiro de 2023
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)