No mes de xuño, as aulas de 1º participamos no concurso "SALITRE, Espazos Naturais Protexidos" convocado por Arenaria Coordinación con motivo do seu 14º aniversario.
A aula de 1º A participou na modalidade de cómic e a de 1ºB na modalidade de maqueta.
Ambas aulas resultaron gañadoras nas súas categorías. O premio consiste nunha clase de ciencias para o vindeiro curso.
A continuación podedes ver os traballos realizados polo alumnado para o concurso.
Para ampliar a presentación e ver mellor os cómics, preme nos tres puntiños da dereita e atoparás a icona de "panatalla completa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario