mércores, 30 de setembro de 2020

DOUS CONTOS

Para traballar a lectoescritura, na aula utilizamos o método Lamela. Consiste en que os nenos/as relacionen as letras co seu son e un xesto, todo a través do conto de "Pepita e Miguel". Para que poidan practicar o conto na casa, compartimos o seguinte vídeo. As titoras de 1º queremos agradecer a Naomi a súa achega.

E por se queredes imprimir, a continuación tedes os debuxos do conto coas letras. Na aula témolo plastificado a modo de salvamenteis. O tamaño de impresión sería en A3. Polo reverso puxemos os números ata o 100, para ir practicando. Deixamos tamén o documento por se é de interese.   
E para rematar, deixámosvos o enlace ao conto "Os petos de Loreto" que estamos a traballar na aula. Premede na imaxe para acceder.



martes, 29 de setembro de 2020

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

 Estimadas familias,

Cada ano por estas datas celebramos unha reunión grupal coas familias do alumnado da aula na que se explican diferentes informacións sobre o curso. Dadas as especiais características deste curso, e a recomendación de evitar xuntanzas presenciais, compartimos convosco a través deste blog unha presentación na que se recollen os temas que se tratarían na reunión.

Se tras visualizala tedes algunha dúbida, poñédevos en contacto e trataremos de darlle resposta.

mércores, 23 de setembro de 2020

PROPOSTAS DE INGLÉS

 A mestra de inglés proponvos algunhas cancións para repasar contidos. Animádevos e... A cantar!

Para acceder, premede na imaxe e despois ide premendo  nos enlaces.



martes, 22 de setembro de 2020

MÉRCORES 23 DE SETEMBRO

 Comezamos a proposta de hoxe con matemáticas. Premede na imaxe para descargar.

Para as linguas, deixamos as seguintes fichas con todas as vogais:
E rematamos cos vídeos dos sentidos do gusto e do tacto.






XOVES 24 DE SETEMBRO

Na proposta de hoxe para matemáticas, traballamos o 9, o 10 e unhas sumas. Premede na imaxe para descargar.
Nas linguas, imos comezar a enlazar vogais.
A continuación deixamos o enlace ao conto "El monstruo de colores va al cole". Animádevos a facer unha ilustración sobre el!
E rematamos repasando os sentidos coa seguinte ficha.

domingo, 20 de setembro de 2020

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 21 AO 24 DE SETEMBRO

 Comezamos a semana con actividade lectiva non presencial. Aínda que é un pouco antes do que se podía esperar, imos intentar seguir co ritmo das clases.

A continuación deixamos un cadro co traballo que propoñemos para estes días. A organización das tarefas é unha suxerencia, podedes organizarvos como mellor vos pareza. Cada neno/a ten o seu propio ritmo de traballo, polo que se non dá feito todo, non vos preocupedes, pouco a pouco.



A continuación imos compartir as actividades para o luns e o martes. Nos vindeiros días compartiremos tamén a proposta para o mércores e xoves. Permanecede atentos ás publicacións do blog.


LUNS 21 DE SETEMBRO

 Para comezar, deixamos unhas fichas de vogais e da letra A. Premede na imaxe para descargar.

Para continuar, unhas sinxelas fichas de matemáticas. Premede na imaxe para descargar.

A continuación, o conto "Rosa contra el virus", que xa vimos na aula. Despois de velo, comentar as medidas de prevención que cada un de nós pode tomar. Premede na imaxe para acceder ao vídeo.

E para rematar, imos aprender sobre os sentidos do corpo humano. Deixamos dous vídeos:




MARTES 22 DE SETEMBRO

Hoxe comezamos coa proposta de matemáticas, con dúas fichas sobre os números 4, 5 e 6. Premede na imaxe para descargar.

Para as linguas, deixamos as seguintes fichas da letra E. Coma sempre, premede na imaxe para acceder ao arquivo e descargar.
A continuación, deixamos o enlace á canción de Migallas "Canción dos dedos para lavar as mans", que xa practicamos na aula. Animádevos a cantala e practicar o lavado de mans!


E para rematar, imos aprender sobre outros dous dos sentidos do corpo humano: o oído e o olfacto.


domingo, 13 de setembro de 2020

INFORMACIÓNS VARIAS PARA AS FAMILIAS

 Estimadas familias,

O martes 15 de setembro e o mércores 16, en horario de 16:15 a 19:00h as titoras de 1º de Ed. Primaria estaremos no colexio para recoller o material escolar dos nenos/as.

Recordade que aqueles nenos/as que aínda non teñan na aula o material para os primeiros días (estoxo de dúas cremalleiras con ceras Plastidecor, lapis, goma, tesoiras e pegamento de barra tipo pritt), o traian en canto poidan. A caixa de zapatos tamén a poden traer eles, se aínda non a trouxeron.

En canto ás máscaras dos nenos/as, recordar tamén que é importante traer 1 de reposto e que deben axustarse ben. Se son demasiado frouxas, báixanselles e non cumpren a súa función. Así mesmo, deben ter un bolsiña de tela para gardala mentres merendan.

Grazas pola colaboración.

Un saúdo,

A titora

luns, 7 de setembro de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS A 1º!

Estimadas familias,

Neste inicio de curso tan excepcional, este blog vai ser unha ferramenta de uso habitual no que iremos compartindo diferentes contidos con vós.

Queremos dar ós nenos e nenas a benvida a 1º. Comenzamos con ganas e ilusión esta nova etapa. 

Deixámosvos a continuación a lista do material escolar para o curso. Se queredes imprimila, podedes descargala premendo na imaxe.