Para traballar a lectoescritura, na aula utilizamos o método Lamela. Consiste en que os nenos/as relacionen as letras co seu son e un xesto, todo a través do conto de "Pepita e Miguel". Para que poidan practicar o conto na casa, compartimos o seguinte vídeo. As titoras de 1º queremos agradecer a Naomi a súa achega.
E por se queredes imprimir, a continuación tedes os debuxos do conto coas letras. Na aula témolo plastificado a modo de salvamenteis. O tamaño de impresión sería en A3. Polo reverso puxemos os números ata o 100, para ir practicando. Deixamos tamén o documento por se é de interese.E para rematar, deixámosvos o enlace ao conto "Os petos de Loreto" que estamos a traballar na aula. Premede na imaxe para acceder.
Ningún comentario:
Publicar un comentario