xoves, 13 de xaneiro de 2022

IMPORTANTE: CAMBIO NA XESTIÓN DOS CONFINAMENTOS

 Bo día, dende o equipo directivo do centro pídennos que vos fagamos chegar a seguinte información:

"O director do centro asistirá mañá a unha formación COVID. Na convocatoria desa reunión adiantan, entre outros aspectos, a seguinte información copiada literalmente do texto recibido:

- No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de catro, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado de vacinación..

- Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa) seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas para os contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas neste período).

En resumo, só queda en corentena o positivo, salvo que haxa 5 ou máis casos confirmados. Co cal, os alumnos/as confinados xa poden volver ao centro con normalidade a partir de mañá.

- Os casos con síntomas, independentemente do seu estado de vacinación, non deberán acudir ao centro educativo ata que teñan o resultado negativo dunha proba diagnóstica (valería o test de antíxenos) ou en caso de que non fose posible realizar proba diagnóstica, ata que finalice o período de illamento mínimo de 7 días e sempre que transcurriran 3 días dende a fin do cadro clínico.

- Os positivos (incluídos os confirmados por test de antíxenos) teñen que gardar corentena 7 días na casa e poderán volver ao centro sempre que transcurriran 3 días dende a desaparición dos síntomas. Ata os 10 días deben extremar as precaucións e evitar contactos, especialmente con persoas vulnerables.

Nestes dous últimos casos citados, non será necesaria unha proba diagnóstica para levantar o illamento.

Un saúdo,

O equipo directivo"

Ningún comentario:

Publicar un comentario