Dende hai uns días estamos a repasar algúns contidos que xa viramos o curso pasado arredor do tema das plantas e da auga. Deixamos os enlaces ás presentacións. Premede nas imaxes para acceder.
mércores, 16 de marzo de 2022
domingo, 13 de marzo de 2022
AXUDA A UCRAÍNA
xoves, 3 de marzo de 2022
Repaso de matemáticas
Hoxe compartimos unha ficha interactiva sobre o kg. Ao rematala, premede en "comprobar mis respuestas".
liveworksheets.com
mércores, 2 de marzo de 2022
ENTROIDO
xoves, 17 de febreiro de 2022
mércores, 19 de xaneiro de 2022
Campaña "Sana hoy, vive el mañana"
Compartimos convosco a seguinte información que nos achegan dende o Concello de Rianxo, relacionada cunha charla sobre alimentos saudables e sostibles á que os nenos e nenas do colexio asistiron hoxe no Auditorio de Rianxo.
Premede na imaxe para ampliar o documento.
xoves, 13 de xaneiro de 2022
IMPORTANTE: CAMBIO NA XESTIÓN DOS CONFINAMENTOS
Bo día, dende o equipo directivo do centro pídennos que vos fagamos chegar a seguinte información:
"O director do centro asistirá mañá a unha formación COVID. Na convocatoria desa reunión adiantan, entre outros aspectos, a seguinte información copiada literalmente do texto recibido:
- No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de catro, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado de vacinación..
- Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa) seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas para os contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas neste período).
En resumo, só queda en corentena o positivo, salvo que haxa 5 ou máis casos confirmados. Co cal, os alumnos/as confinados xa poden volver ao centro con normalidade a partir de mañá.
- Os casos con síntomas, independentemente do seu estado de vacinación, non deberán acudir ao centro educativo ata que teñan o resultado negativo dunha proba diagnóstica (valería o test de antíxenos) ou en caso de que non fose posible realizar proba diagnóstica, ata que finalice o período de illamento mínimo de 7 días e sempre que transcurriran 3 días dende a fin do cadro clínico.
- Os positivos (incluídos os confirmados por test de antíxenos) teñen que gardar corentena 7 días na casa e poderán volver ao centro sempre que transcurriran 3 días dende a desaparición dos síntomas. Ata os 10 días deben extremar as precaucións e evitar contactos, especialmente con persoas vulnerables.
Nestes dous últimos casos citados, non será necesaria unha proba diagnóstica para levantar o illamento.
Un saúdo,
O equipo directivo"