Dende a biblioteca escolar propóñennos as seguintes astividades en relación á celebración do Día do Libro.
Por unha banda, gustaríanos que as familias vos animasedes a vir a contarnos un conto. Pode vir o membro da familia que queira: un pai, unha nai, un avó/a, irmán maior, etc... Animádevos! As familias interesadas poden poñerse en contacto coas titoras polas canles habituais.
Por outra banda, animamos a que os nenos e nenas participen na actividade Booktubers. Consiste en que os gravedes mentres fan unha recomendación dun libro que lles guste. Os vídeos pódense enviar ao correo electrónico da biblioteca escolar ( bibliocastelao@gmail.com ), ou ao whatsapp da titora. Os vídeos publicaranse tanto neste blog coma no da biblioteca escolar (http://bibliotecacastelao.blogspot.com/ ), onde xa podedes ver algún exemplo.
Todos os participantes recibirán un agasallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario