Dende o equipo de biblioteca do colexio achégannos esta guía con recomendacións lectoras. Botádelle unha ollada. Gustaríanos resaltar a páxina dedicada ao Hematocrítico, quen nos deixou recentemente. Este autor adoita gustar moito aos nenos e nenas e o curso pasado estivo visitándonos no colexio.
venres, 22 de decembro de 2023
luns, 4 de decembro de 2023
Os nomes colectivos
Hoxe compartimos unha serie de xogos para practicar o vocabulario relacionado cos nomes colectivos. Os xogos están en castelán.
mércores, 29 de novembro de 2023
martes, 28 de novembro de 2023
Repasamos o tema das plantas
Deixamos un xogo para repasar os contidos despois de ver a presentación.
xoves, 9 de novembro de 2023
Nico e Lola
Compartimos o conto que elaboraron os nenos e nenas da aula de 2ºA. Quedoulles xenial!Esperamos que vos guste.
sábado, 4 de novembro de 2023
SAMAÍN
Compartimos convosco un vídeo coas fotos do Samaín. Esperamos que vos gusten! Premede na imaxe para acceder.
mércores, 1 de novembro de 2023
Xogos trabadas e inversas
Compartimos unha serie de xogos nos que practicar de forma lúdica as sílabas inversas e as trabadas. Preme nas imaxes para acceder aos xogos. Unha vez esteas no xogo, á dereita aparecerán máis opcións ás que tamén podes xogar.
domingo, 22 de outubro de 2023
venres, 29 de setembro de 2023
Obra de teatro sobre Castelao
Este sábado 30 de setembro na sala Arcos Moldes (Auditorio Municipal) estará a obra de teatro CASTELAO, para público familiar. A entrada é de balde ata completar aforo.
domingo, 24 de setembro de 2023
Francisco Ibáñez
Este curso imos traballar o cómic.
Para ir introducindo o tema decidimos comezar coñecendo a Francisco Ibáñez. Deixamos a continuación unha presentación sobre el.
martes, 12 de setembro de 2023
HORARIOS
Hoxe compartímosvos os horarios coas materias de cada unha das aulas de 2º.
Non é necesario imprimilos porque a vindeira semana darémosllos en papel aos nenos/as. De todas formas, podedes descargalos premendo nas imaxes.
luns, 11 de setembro de 2023
Horario ordinario de entradas e saídas
Achegamos a organización de entradas e saídas ordinarias do colexio.
Premede nas imaxes para amplialas.
venres, 8 de setembro de 2023
Organización do día da presentación
A continuación compartimos o documento da organización das entradas e saídas do luns día 11 de setembro.
Premede na imaxe para ampliala ou descargala.
mércores, 6 de setembro de 2023
LISTA MATERIAL ESCOLAR
Benvidos/as a un novo curso!
Nos vindeiros días imos comezar as clases, polo que a continuación compartímosvos a lista de material escolar.
Se tedes algunha dúbida, poñédevos en contacto con nós.
Premede na imaxe para ampliala e/ou descargala.
luns, 26 de xuño de 2023
CONCURSO SALITRE
martes, 6 de xuño de 2023
Exposición no Auditorio Municipal
Achegamos o cartel anunciador da exposición que actualmente se pode ver no auditorio de Rianxo. Trátese dunha recompilación de actividades e materiais elaborados no colexio ao longo de 3 cursos, dentro do marco do programa Educación Responsable. Convidámosvos a visitala!
xoves, 25 de maio de 2023
Obradoiro Libros de Familia
Compartímosvos o cartel do obradoiro que terá lugar na biblioteca escolar o vindeiro 1 de xuño. Animádevos a participar!
xoves, 11 de maio de 2023
A illa de Cortegada
Pronto imos realizar a visita á illa de Cortegada, polo que nas aulas imos comezar a coñecela un pouquiño. Deixamos unha presentación de elaboración propia e un xogo da páxina do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, Xunta de Galicia.
xoves, 20 de abril de 2023
Xogamos en familia na biblioteca escolar
Compartimos o cartel da actividade que terá lugar este venres 21 de abril na biblioteca do colexio. É de balde e en horario de 16:00 a 18:00h. Animádevos e achegádevos a xogar na biblioteca escolar!
O SOL, O AIRE E A AUGA
Estes días comezamos a traballar este tema na aula polo que vos deixamos as presentacións para poder velas tamén na casa e practicar para o pasapalabra do tema.
domingo, 16 de abril de 2023
OBRADOIRO DE ROBÓTICA
Compartímosvos o cartel do obradoiro de robótica que terá lugar de balde o vindeiro 26 de abril na nosa biblioteca escolar. Animádevos a participar e recordade que as prazas son limitadas!
Deixamos tamén o enlace ao formulario para inscribirse: https://forms.gle/7A5uMR8x9mMSbfV48
xoves, 23 de febreiro de 2023
23 de febreiro, Día de Rosalía
Hoxe 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Por isto, compartimos con vós a presentación sobre Rosalía de Castro. Tamén deixamos o vídeo coa canción do poema Adiós ríos, adiós fontes que estamos a aprender.
xoves, 9 de febreiro de 2023
CONSIGNAS DO TORIBIÑO
Chega o Entroido e, un ano máis, o Toribiño envíanos os seus mandados para cada día. Para ampliar, premede na imaxe.
ReflejArte
Achegámosvos a información sobre esta actividade en relación á CREATIVIDADE, no marco do programa Educación Responsable. Premede na imaxe para ampliala.
venres, 3 de febreiro de 2023
PARTIDO SOLIDARIO
Compartimos convosco a seguinte información sobre o partido solidario que terá lugar mañá sábado 5 de febreiro. Podedes premer na imaxe para ampliala.
xoves, 26 de xaneiro de 2023
PICASSO E A PAZ
Con motivo da celebración do Día da Paz Escolar, imos coñecer a obra de Picasso relacionada con este tema. A continuación deixamos a presentación que imos traballar nas aulas.
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)

.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)










