luns, 15 de abril de 2024

Booktubers e contacontos

  Dende a biblioteca escolar propóñennos as seguintes astividades en relación á celebración do Día do Libro.

  Por unha banda, gustaríanos que as familias  vos animasedes a vir a contarnos un conto. Pode vir o membro da familia que queira: un pai, unha nai, un avó/a, irmán maior, etc... Animádevos! As familias interesadas poden poñerse en contacto coas titoras polas canles habituais.  

  Por outra banda, animamos a que os nenos e nenas participen na actividade Booktubers. Consiste en que os gravedes mentres fan unha recomendación dun libro que lles guste. Os vídeos pódense enviar ao correo electrónico da biblioteca escolar ( bibliocastelao@gmail.com ), ou ao whatsapp da titora. Os vídeos publicaranse tanto neste blog coma no da biblioteca escolar (http://bibliotecacastelao.blogspot.com/ ), onde xa podedes ver algún exemplo.

  Todos os participantes recibirán un agasallo.



A Antiga Grecia

Nesta entrada deixamos a presentación sobre a Antiga Grecia e o xogo "Canto sabes sobre mitoloxía grega?".


luns, 8 de abril de 2024

martes, 19 de marzo de 2024

O Principiño

 Dende hai uns días estamos a realizar diferentes actividades en relación a O Principiño. Deixámosvos a presentación sobre o conto que xa vimos nas aulas para poder volver a vela.

domingo, 10 de marzo de 2024

PRESENTACIÓN DAS ILUSTRACIÓNS DO 8 DE MARZO

 Compartimos a presentación que realizamos a partir das ilustracións que trouxeron os nenos e nenas con motivo da celebración do Día Internacional da Muller traballadora. Que artistas!

domingo, 18 de febreiro de 2024

O corpo humano

Este trimestre estamos a estudar os aparatos do corpo humano. A continuación tedes a presentación e algúns xogos para ir repasando os contidos. Trátase dun xogo en liña e algunhas fichas interactivas. Premede nas imaxes para acceder: