xoves, 20 de outubro de 2022

Celebración do Samaín

 Boa tarde, compartimos a nota que nos envían dende os equipos de Extraescolares e Dinamización da Lingua Galega con información relativa á celebración do Samaín.


luns, 11 de xullo de 2022

Recomendacións para o verán

 Deixamos tamén as recomendacións para o verán. Premede nas imaxes para ampliar.

       

xoves, 16 de xuño de 2022

Alimentación saudable

 Durante este curso o alumnado asistiu a diversas actividades en relación á alimentación saudable e sustentable, no marco dos Contratos Programa do que o colexio forma parte e en colaboración co Concello de Rianxo. 

Compartimos o seguinte tríptico no que se recollen a modo de resumo os contidos destas actividades. Premede nas imaxes para amplialas ou descargalas.





A Idade Media

Rematamos o tema do paso do tempo abordando a Idade Media.

Recursos da Idade Media

Compartimos tamén os seguintes recursos. O primeiro é unha visita virtual a un castelo. Premede na imaxe para acceder. E a continuación unhas fichas interactivas para xogar e repasar. Revisade a presentación para poder responder correctamente. Ao rematar cada ficha, dá a opción de ver os resultados ou enviar á mestra. Dádelle á primeira, non é necesario que enviedes os vosos resultados. 


venres, 3 de xuño de 2022

O Imperio Romano

Despois de viaxar pola Antiga Grecia, visitamos agora o Imperio Romano. Esperamos que vos guste a viaxe!
Comezamos coa presentación sobre o Imperio Romano:

Para continuar, un xogo en liña sobre os monumentos que nos deixaron os romanos:

xoves, 26 de maio de 2022

AS FONTES DE ENERXÍA

Outro dos temas que estamos a traballar é o das fontes de enerxía. A continuación deixamos a presentación.