martes, 23 de febreiro de 2021

ENTRE TÍTERES E ROSALÍA

No mes de decembro, algúns membros da compañía Barriga Verde visitaron o colexio para dar a coñecer aos nenos e nenas os títeres tradicionais.  Durante esta visita  ensináronlles a confeccionar uns sinxelos e divertidos títeres de luva. Seguindo esa técnica, esta semana estamos a elaborar nas aulas os nosos "títeres de Rosalía", en relación á conmemoración do Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro (data do seu nacemento).

A continuación deixamos un vídeo no que se explica o proceso de elaboración dos títeres. Son moi sinxelos e con materiais que todos temos na casa. Animádevos a construír algún en familia!

luns, 15 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

 Neste curso tan pouco habitual non puidemos celebrar o tradicional pasarrúas. Pero isto non impediu que os nenos e nenas de 1º celebrasen o Entroido, aínda que dun xeito diferente.

A continuación compartimos convosco dous vídeos coas fotos do Entroido. 

Vídeo de 1ºA


Vídeo de 1ºB


domingo, 7 de febreiro de 2021

OS ANIMAIS

 Estes días estamos a traballar nas aulas o tema dos animais. A continuación deixamos a presentación sobre o tema. Premede na imaxe para acceder.



domingo, 17 de xaneiro de 2021

OS BICOS VOLVERÁN

Volvemos publicar esta entrada antiga para que vos sexa máis sinxelo atopar a canción que estamos a traballar nas aulas estes días.
  Trátase dunha adaptación da coñecida Bella Ciao, á que o curso pasado lle adaptamos a letra e a música. Queremos destacar a colaboración de Silvia Ferre, que colaborou connosco poñendo a música e a voz. Moitas grazas Silvia!
Fixemos a montaxe de dous vídeos nos que utilizamos os salvamanteis que naquel momento estaban a facer na aula os nenos e nenas. 
Se tedes problemas para reproducilo, premede na icona da esquina superior dereita de cada vídeo (ver nunha ventá externa).
Este é o vídeo de 2ºA do curso 2019/20:

E este o de 2ºB, curso 2019/20:

A continuación deixámosvos a letra para que aprendades a canción e a cantedes en familia. Premede na imaxe para ampliala:

martes, 12 de xaneiro de 2021

A PROMESA DO CABEZOLO

Neste 2º trimestre imos ver o tema dos animais. Por isto, e para ir introducíndonos no tema, deixamos a seguinte curta elaborada co alumnado en cursos anteriores. Esperamos que vos guste.




domingo, 20 de decembro de 2020

PARA COMEZAR UN ANO XENIAL, LECTURAS PARA O NADAL

 Desde a biblioteca escolar propóñennos as seguintes recomendacións lectoras para o Nadal.

Animádevos a ler e crear o hábito en familia. Un bo libro sempre é unha boa compañía.

martes, 15 de decembro de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O 16 E 17 DE DECEMBRO

Esta é a proposta de actividades para o mércores 16 e o xoves 17 de decembro.

A continuación as fichas citadas no cadro anterior. Premede nas imaxes para descargar.
Ficha de ler e colorear o elfo:
Ficha dos hábitos saudables:
Ficha de Papá Noel: