Para ir recollendo algunhas cousiñas das que ides facendo na casa, as seguintes actividades son para que nolas enviedes unha vez feitas.
domingo, 26 de abril de 2020
Dibujando gramática
Esta semana propoñémosvos repasar a gramática, acompañada do paso a paso de diferentes debuxos para practicar e convertirvos en grandes debuxantes.
Deixámosvos unhas actividades de gramática, xunto con algunhas de matemáticas.
Deixámosvos unhas actividades de gramática, xunto con algunhas de matemáticas.
Esta é a presentación en formato para imprimir, por se preferides tela en papel.
Que ricos os bicos!
Como a música alegra o corazón, con esta actividade esperamos alegrar os vosos. Animádevos a cantar e bailar!
Deixámosvos a letra cunha ilustracións para colorear e unha proposta máis. No documento atoparedes a explicación. Xa nos contaredes!
Deixámosvos a letra cunha ilustracións para colorear e unha proposta máis. No documento atoparedes a explicación. Xa nos contaredes!
O tempo do revés
Baía Edicións puxo a disposición do público unha serie de libros para utilizar durante este tempo. De entre eles escollemos esta obra da autora María Solar. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.
Propoñémosvos ir lendo un pouquiño cada día. Para realizar as seguintes actividades deberedes ler ata a páxina 13.
Propoñémosvos ir lendo un pouquiño cada día. Para realizar as seguintes actividades deberedes ler ata a páxina 13.
xoves, 23 de abril de 2020
E a sorpresa é...
A autora... Helena Villar Janeiro enviounos este vídeo para vós, os nenos e nenas de 2º que estivestes a ler os seus libros.
Moitas grazas Helena!
Deixámosvos tamén unha actividade para que vós mesmos creedes o voso propio libro. Pensamos que é unha actividade moi bonita, pero tamén laboriosa, non teñades présa por rematala nun día!

mércores, 22 de abril de 2020
Que será, será...
Permanecede atentos ao blog, témosvos preparada unha sorpresiña. Descubrirédela mañá durante a mañá.
luns, 20 de abril de 2020
Poema homenaxe ao libro
O vindeiro xoves é o 23 de abril. Sabedes que se celebra este día? Si, o Día do Libro.
Deixámosvos un poemiña do gran Antonio García Teijeiro que podedes recitar xunto co autor e se vos animades, incluso o podedes ilustrar.
Esperamos que vos guste!
Deixámosvos un poemiña do gran Antonio García Teijeiro que podedes recitar xunto co autor e se vos animades, incluso o podedes ilustrar.
Esperamos que vos guste!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)