venres, 4 de xuño de 2021

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

Cada ano, o 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Con motivo desta celebración, propoñémosvos a seguinte actividade: elaborar un xogo/xoguete reutilizando materiais que teñades pola casa.
A continuación deixámosvos algunhas ideas. Animádevos a participar!

martes, 11 de maio de 2021

O CASTELO DA LÚA

 Os nenos e nenas de 1ºA traballaron na aula a lenda do Castelo da Lúa e a partir dela fixeron este fantástico conto. Son uns artistas! Esperamos que vos guste!

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Xela Arias é a homenaxeade no Día das Letras Galegas deste ano. Compartimos a presentación e o vídeo que imos traballar nas aulas.

Preme na imaxe para acceder.

martes, 27 de abril de 2021

Recomendacións lectoras dos nenos e nenas de 1º

 No blog da biblioteca (bibliotecacastelao.blogspot.com) publicaron algunhas das recomendacións lectoras dos nenos e nenas de 1º que xa se animaron a participar. Premede na imaxe para acceder á publicación e se vos apetece facer a vosa propia recomendación, ata que remate abril aínda estades a tempo!


domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No ano 1999 a UNESCO adoptou a celebración deste día co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización das linguas minoritarias.

Este día é tamén unha ocasión para honrar aos poetas, fomentar a lectura e promover a escritura e a ensinanza da poesía. Por todo isto a continuación deixámosvos o poema Cantarola dos nenos, de Xosé Neira Vilas, recollido no libro Cantarolas de Kalandraka que, ademais, está ilustrado por Leandro Lamas, de quen os nenos e nenas de 1º xa coñecen algunhas obras. Esperamos que vos guste e que a recitedes.


martes, 16 de marzo de 2021

PASAPALABRA DOS ANIMAIS

 Hoxe queremos compartir o "Pasapalabra dos animais". Unha maneira divertida de repasar xogando en familia.