xoves, 22 de abril de 2021
domingo, 21 de marzo de 2021
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Hoxe 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No ano 1999 a UNESCO adoptou a celebración deste día co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización das linguas minoritarias.
Este día é tamén unha ocasión para honrar aos poetas, fomentar a lectura e promover a escritura e a ensinanza da poesía. Por todo isto a continuación deixámosvos o poema Cantarola dos nenos, de Xosé Neira Vilas, recollido no libro Cantarolas de Kalandraka que, ademais, está ilustrado por Leandro Lamas, de quen os nenos e nenas de 1º xa coñecen algunhas obras. Esperamos que vos guste e que a recitedes.
martes, 16 de marzo de 2021
PASAPALABRA DOS ANIMAIS
Hoxe queremos compartir o "Pasapalabra dos animais". Unha maneira divertida de repasar xogando en familia.
martes, 23 de febreiro de 2021
ENTRE TÍTERES E ROSALÍA
No mes de decembro, algúns membros da compañía Barriga Verde visitaron o colexio para dar a coñecer aos nenos e nenas os títeres tradicionais. Durante esta visita ensináronlles a confeccionar uns sinxelos e divertidos títeres de luva. Seguindo esa técnica, esta semana estamos a elaborar nas aulas os nosos "títeres de Rosalía", en relación á conmemoración do Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro (data do seu nacemento).
A continuación deixamos un vídeo no que se explica o proceso de elaboración dos títeres. Son moi sinxelos e con materiais que todos temos na casa. Animádevos a construír algún en familia!
luns, 15 de febreiro de 2021
ENTROIDO 2021
Neste curso tan pouco habitual non puidemos celebrar o tradicional pasarrúas. Pero isto non impediu que os nenos e nenas de 1º celebrasen o Entroido, aínda que dun xeito diferente.
A continuación compartimos convosco dous vídeos coas fotos do Entroido.
Vídeo de 1ºA
domingo, 7 de febreiro de 2021
OS ANIMAIS
Estes días estamos a traballar nas aulas o tema dos animais. A continuación deixamos a presentación sobre o tema. Premede na imaxe para acceder.
domingo, 17 de xaneiro de 2021
OS BICOS VOLVERÁN
Fixemos a montaxe de dous vídeos nos que utilizamos os salvamanteis que naquel momento estaban a facer na aula os nenos e nenas.
Este é o vídeo de 2ºA do curso 2019/20:
E este o de 2ºB, curso 2019/20:
A continuación deixámosvos a letra para que aprendades a canción e a cantedes en familia. Premede na imaxe para ampliala:





